[ad_1]

Xaquin Pastoriza y Cristóbal Lopez | Levamos asistindo nos últimos anos a un progresivo pero continuo desmantelamento do ferrocarril como servizo público. Supresión de liñas, recortes de persoal e privatización de servizos, nunha espiral de degradación que ten coma obxectivo entregar ao capital sectores que escapaban da lóxica mercantilizadora. O último clavo no ataúde foi o anuncio da supresión dos trens hoteis que unen Galiza con Madrid e Barcelona.

A desaparición destas conexións reduce unha oferta
transversal de viaxes entre cidades e comunidades atacando así un dereito
fundamental como é o da mobilidade. Renfe está aproveitando a crise sanitaria
provocada polo Covid-19 para suprimir estes servizos ferroviarios nocturnos que
leva anos degradando con recortes, especialmente o tren hotel a Madrid ,
reducindo as prazas ofertadas ou quitando coches, como en 2016, cando eliminou
un 60 % de prazas, centrando os recortes ademais nas máis económicas (sentadas
e liteiras turistas). A isto únese a supresión de paradas(especialmente no
rural) e servizos de cercanías, a suba desmesurada dos billetes e o tento de
privilexiar as liñas de maior rendabilidade económica e tamen máis elitistas
como as de Alta Velocidade. A dirección seguida por RENFE apunta no sentido
contrario a unha mobilidade sostible que priorice a proximidade e as
interconexións e axude a vertebrar o País dun xeito respetuoso co medio
ambiente.

O tren supón unha alternativa ecolóxica a medios de
transporte moito máis contaminantes ( o avión contamina 20 veces máis que o
tren, que emite 7 veces menos CO2 á atmósfera por pasaxeiro). Precisamente
algúns países europeos están potenciando este tipo de trens en substitución do
avión, como alternativa máis sostible dentro das políticas de loita contra o
cambio climático polo que resulta incomprensible que RENFE e o Goberno español
aposten polo contrario, mentras se rescatan con cifras millonarias sectores que
causan cantidades inxentes de emisións de gases de efecto invernadoiro como a
automoción ou o avión.

Ademais, este tipo de trens, con compartimentos individuais e
familiares, favorecen o distanciamiento físico na viaxe e o cumprimento dos
diversos protocolos derivados da crise sanitaria que padecemos.

Por se fora pouco, estas medidas provocarán a perda de
numerosos postos de traballo, tanto directos como indirectos. Una empresa
pública como RENFE debería velar sempre pola creación de emprego de calidade e
por ofrecer un servizo digno por enriba de intereses curtopracistas.  O tren como transporte electrificado, como
alternativa ecolóxica, como esperanza verde, debería saír a escena como
protagonista principal da mobilidade tanto de pasaxeiros como de mercadorías,
aumentando a intermodalidade e a electrificación de liñas, non recortando liñas
e servizos. Non podemos asistir de brazos cruzados ao desmantelamento do
ferrocarril convencional.

Por iso, CGT Ferroviarios, co apoio de Ecoloxistas en Acción,
iniciou mobilizacións na Coruña primeiro e este mércores 22 en Vigo contra o
recorte de servizos. Defendamos xuntas un medio de transporte público, social e
sostible!

Xaquin Pastoriza es militante de Anticapitalistas Galiza y Cristóbal Lopez es sindicalista de CGT Vigo y activista de Ecoloxistas en Acción Galiza.



[ad_2]

Source link